Desvío de tráfico na estrada AC-551 polas obras ao parque empresarial de Morás, Arteixo

  • O desvío porase en marcha logo da hora punta da primeira hora da mañá do venres e permanecerá activo ata que rematen as obras do novo enlace

A execución das obras do novo acceso ao parque empresarial de Morás, en Arteixo, fará necesario activar, a partir do vindeiro venres, un desvío de tráfico na estrada autonómica AC-551, que conecta a saída da autoestrada AG-55 coa do polígono de Sabón.

Trátase dunha medida necesaria para executar a glorieta elevada que vai conectar esa estrada AC-551 co novo acceso ao polígono industrial.

Os traballos para establecer o desvío da circulación comezarán o venres pola mañá, unha vez transcorra a hora punta de tráfico coincidente co inicio da xornada laboral nesta contorna empresarial.

Este desvío, cuxa sinalización facilitará a circulación, funcionará mentres se leven a cabo as actuacións proxectadas, que teñen por finalidade conectar a zona empresarial de Morás coas grandes vías de alta capacidade que a rodean, a A-6 e a AG-55.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba este luns o parque empresarial de Morás onde facía unha valoración do estado das obras e das inversións realizadas no mesmo pola Xunta de Galicia.

Declaracións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, no polígono de Morás en Arteixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha