Desvíos e atrasos no aeroporto da Coruña pola néboa

A densa néboa de primeira hora da mañá deste luns obrigou a desviar varios voos con destino A Coruña, segundo confirmaron fontes de Aena, que sinalaron que a terminal de Alvedro foi recobrando aos poucos a normalidade, aínda que algunhas conexións sairon con atraso.

Así, as malas condicións de visibilidade obrigaron a que o voo de Air Europa procedente de Madrid e con chegada prevista ás 8:00 horas tivese que regresar á capital de España. Por outra banda, o voo de Iberia procedente de Madrid, con chegada prevista ás 8:40 horas foi desviado a Santiago; igualmente, foi desviado a Santiago o voo de Vueling procedente de Barcelona e con chegada prevista ás 8:50 horas. Outras dúas chegadas foron desviadas a Santiago e a O Porto, alterando tamén os horarios de regreso deses avións.

Fontes de Aena explicaron que a terminal de Alvedro xa recuperou as condicións para operar tras despexarse a néboa, aínda que os desvíos de primeira hora poden causar atrasos en varias conexións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha