Detectada a variante india da covid en augas residuais da Coruña

Foto.- dpm.

Tras as análises pertinentes a variante india, coñecida como delta, foi detectada nas augas residuais da Coruña. O proxecto CovidBens, que rastrexa o coronavirus nas augas residuais da cidade e da súa área metropolitana para obter datos sobre a incidencia do virus e detectar posibles repuntas, identificou a presenza desta cepa. O primeiro caso desta variante india foi detectado en Galicia nun barco atracado no porto de Vigo. Houbo daquela un gromo controlado entre os mariñeiros do buque. Agora, coa detección nas augas residuais, queda claro que esta variante circula por Galicia. Segundo os expertos, sería unha cepa máis contaxiosa pero sensible ás vacinas autorizadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha