Detectada dunha vertedura ilegal de lixo nunha pista forestal da parroquia de Soandres, na Laracha

A vertedura está situada entre os núcleos de Vista Alegre e Santa Baia. No lugar localizáronse arredor de 30 sacos de escombro que foron depositados de maneira totalmente incívica e contraria á normativa vixente. A Policía Local xa iniciou as correspondentes investigacións para tratar de identificar ás persoas responsables desta actuación. O Concello lamenta os feitos, xa que este tipo de comportamentos poden supoñer un grave prexuízo para o medio ambiente.

Lémbrase á cidadanía que existe un punto limpo municipal, de uso totalmente gratuíto, situado no Formigueiro, ao que se deben levar os residuos domésticos que non poden depositarse nos contedores habituais para ser tratados de maneira legal e responsable. O horario de apertura é:

  • Luns: de 15:00 a 20:00 horas
  • Mércores e venres: de 16:00 a 20:00 horas
  • Sábados: de 9:00 a 14:00 horas

O Concello fai un chamamento á responsabilidade cidadá, lembrando que a correcta xestión dos residuos é unha obriga colectiva e fundamental para a protección do noso entorno natural e para manter o municipio en condicións adecuadas de limpeza e seguridade.

Related posts

Continúan as obras de aglomerado en varias parroquias de Carballo

Carballo acollerá do 6 ao 8 de marzo unha nova edición da Feira das Oportunidades

Carballo acolleu a Asemblea Aberta do Ensino Público da Costa da Morte