36
A Consellería de Sanidade informaba este domingo dun brote de coronavirus con nove persoas positivas nos concellos de Ribeira e da Pobra do Caramiñal e seis que deron negativo. Os infectados, que manteñen relación familiar, de amizade ou de traballo entre si, están todos en illamento domiciliario con síntomas leves da enfermidade. Estas quince persoas que estiveron en contacto directo cos positivos teñen que pasar 15 días en corentena. O rastrexo da primeira infectada que deu positivo permitiu delimitar a orixe do brote, posiblemente unha delas que regresou do Brasil nun voo a través de Lisboa.