Detectado un foco de gripe aviaria en ave silvestre en Oleiros

1 minutes read

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplare de ave silvestre afectada por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Trátase dunha gaivota patiamarela (Larus michahellis) atopada no municipio de Oleiros, na Coruña, e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade; e que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, dependente da mesma Consellería.

A ave foi mostrexada para proceder á análise laboratorial, eliminándose os cadáveres conforme á normativa en vigor. Con este novo foco, son 22 os confirmados en aves silvestres na comunidade galega no ano 2025. Cómpre lembrar que, polo de agora, non se rexistrou ningún caso en aves de curral en Galicia, polo que desde a Consellería do Medio Rural lánzase unha mensaxe de tranquilidade e de precaución.