A Policía Nacional detivo unha persoa en Santiago por pagar con billetes falsos de 50 euros en locais de hostalería da cidade. Foron os propietarios dos establecementos quen deron a voz de alarma a través dos grupos de WhatsApp. O colectivo de taxistas presentou máis dunha ducia de denuncias ao atopar varios billetes falsos en circulación. Fontes da Policía Nacional confirmaron que se trata de falsificacións bastante logradas, polo que é fácil ser vítima deste calote se non se inspecciona o billete con atención, polo que alarman e recomendan andar con especial coidado. Un hostaleiro de Santiago, Diego Sande, comentaba que o primeiro que o fixo dubidar no intento de engano fora o tacto do billete, polo que procedeu a inspeccionar as distintas sinais de seguridade dos billetes, e xa confirmou que carecía dalgunha delas, polo que era falso.