Detectan cinco variantes do covid nas augas residuais da Coruña

Foto.- dpm.

Un estudo realizado na depuradora de augas residuais de Bens na Coruña, covidBens, localizou mutacións das variantes española, peruana, sudafricana e brasileira en baixa frecuencia. A predominante segue a ser a británica. Así ata cinco variantes do SARS-Cov 2 conviven na actualidade na área metropolitana da Coruña. Son os resultados extraídos do proxecto que demostra a súa fiabilidade para secuenciar con ata un mes de antelación as distintas variantes debidas á mutación do virus. Consolida o estudo como unha ferramenta eficaz de alerta temperá. Así a depuradora Edar Bens de augas residuais funciona como sentinela da evolución da pandemia nas últimas semanas.