Detectan coronavirus nas augas residuais da comarca coruñesa

1 minutes read

Unha investigación multidisciplinar, que inclúe microbiólogos, matemáticos, enxeñeiros e químicos, ten como obxectivo principal analizar a carga viral presente nas augas residuais da depuradora coruñesa de Bens, e determina que existe presenza de material xenético do coronavirus causante da COVID-19. O que intentan cando se complete o estudo é desenvolver un modelo matemático que permita saber o estado da epidemia na comarca e predicir posibles novos brotes. Os responsables da EDAR Bens afirman que ese material xenético do coronavirus é depurado na planta e non chega ao mar. Por outra parte, observan que desde que comezou o confinamento hai un aumento considerable do volume diario de toalliñas desbotables e outros materiais téxtiles. As instalacións de Bens chegan as augas residuais das máis das catrocentas cincuenta mil persoas que viven na Coruña e noutros catro concellos da contorna.