Detectan dez positivos na residencia DomusVi de Oleiros

0 minutes read

Nas últimas horas detectouse un gromo na DomusVi Coruña de Oleiros que suma unha decena de afectados. Deles, nove son usuarios afectados e un é traballador. En xeral, a situación nas residencias de maiores segue empeorando co avance da pandemia. Os casos entre os usuarios redúcense a 415 nestes centros en Galicia. O balance de casos facilitado pola Consellería de Política Social cifra en 14 os novos positivos confirmados entre os residentes en centros de maiores da comunidade.