Detectan en Coristanco un condutor baixo os efectos do alcol e con dous menores a bordo

1 minutes read
  • Trátase do avó dos nenos, un home de 56 anos. Os pequenos teñen 3 e 5 anos respectivamente.

Compoñentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil da Coruña detectaron na localidade de Coristanco, dirección ao lugar de Cereo, a un home que arroxou unha taxa de alcol en aire expirado de 0,76MG/L en primeira proba e 0,74MG/L en segunda. Os feitos ocorreron nun punto de verificación de alcoholemia, debidamente establecido para tratar de detectar condutores que circulen baixo os efectos ou influencia destas bebidas e sorprendeu aos axentes actuantes polo perigo que supón conducir no devandito estado, levando no interior do vehículo aos menores co consecuente perigo para a súa integridade física, debido á diminución de reflexos e perda de facultades en que deriva . Os nenos facían uso do sistema de retención infantíl homologado e posteriormente quedaron a cargo da nai no punto de control.

Polos feitos reflectidos é investigado por un delito contra a «Seguridade do Tráfico» e é citado para comparecer polo procedemento de Xuízo Rápido, ante o Xulgado de Garda de Carballo en datas próximas.