A Policía Local de Carnota vai propoñer para sanción a catro familias con segunda residencia no concello que se desprazaron desde Madrid estes pasados días festivos. Para xustificar a súa presenza aquí presentaron un documento dunha construtora de que precisaban arranxar desperfectos nas súas casas.
A Policía comezou a desconfiar xa días atrás cando varias familias se puxeron en contacto para saber que posibilidade tiñan de viaxar a Galicia nestas datas para facer amaños domésticos. Despois de responderlles que non podían saltar o peche perimetral, os axentes foron alertados por veciños de Carnota de que finalmente estaban aquí. Noutros casos as familias visitantes non abriron as portas dos seus domicilios aínda que se sabe da súa presenza nesa comarca.
53