Detectan un gran aumento da variante ómicron nas augas residuais da Coruña

0 minutes read

Segundo os datos recollidos por CovidBens ata o pasado día 16, a variante ómicron xa representa case un 30 por cento do coronavirus presente na cidade. A realidade é que a día de hoxe aínda pode ser máis. As previsións indican que a curva seguirá subindo e que en apenas unha semana, ómicron será xa a variante predominante. Este venres a área sanitaria da Coruña e Cee chega aos 459 contaxios, 53 máis ca onte, que elevan ata os 3.325 a cifra de positivos.