Detención a tiros en Cambre dun individuo que tiña unha orde de ingreso en prisión


Ata tres disparos efectuou a policía para detelo, sen éxito. A persecución comezou en Oleiros. Na fuxida bateu contra varios coches e cun andamio. Foi detido cando tentaba escapar a pé.

O home, natural de Carballo, comezou a fuxida no seu coche preto das nove da noite, cando veu que se lle aproximaba unha patrulla da Policía Local de Oleiros. Déronlle o alto en varias ocasións, pero seguiu fuxindo de forma temeraria ata que foi parar a unha vía sen saída na zona da Costa da Tapia, onde foi detido.

A persecución mobilizou un amplo dispositivo formado pola Policía Local de Oleiros e Cambre, membros da Garda Civil, Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre e o 061.