Deteñen a un empresario de Zas pola venda fraudulenta de decenas de vehículos

2 minutes read

No marco da Operación Triada o equipo Roca de Carballo da Garda Civil detivo a un empresario veciño de Zas como presunto autor dos delitos de estafa e falsificación documental na venda de decenas de vehículos.
Os feitos ocorreron a raíz dunha denuncia presentada polo agora detido en dependencias oficiais da Garda Civil, onde manifestaba que lle subtraían do interior do seu establecemento de compravenda de vehículos un vehículo de motor.
No momento da denuncia os efectivos actuantes xa comprobaron que a documentación presentada do vehículo supostamente subtraído non correspondía co titular que figuraba na base de datos. O titular levaba falecido desde o ano 2020.
Por estes feitos a Garda Civil iniciou unha investigación onde se puido constatar que o vehículo en cuestión fora vendido desde o falecemento do titular en máis dunha decena do ocasións. O agora detido ofertaba o vehículo e unha vez chegado a un acordo económico, tamén lles cobraba a parte, o diñeiro da suposta transferencia a propósito de que non podía realizar este trámite. Unha vez que o comprador quería devolver o vehículo ao decatarse de que non podía transferilo ao seu nome e cansos de tanta espera, o autor dos feitos devolvíalle só unha parte do diñeiro, obtendo de maneira indebida un beneficio económico.
Varios dos compradores realizáronlle distintas melloras e arranxos ao vehículo en cuestión, co prexuízo económico que levaba, entregándolle o vehículo en mellor estado do que o compraban e non reintegrándolle a cantidade total do diñeiro que pagaban por ese vehículo de motor.
Desta investigación a Garda Civil comprobou ademais que esta persoa manipulara o contakilómetros de máis dunha decena de vehículos que vendera, coa clara intención de aumentar considerablemente e artificialmente o valor dos mesmos. Sendo nalgúns dos casos o desfasamento de 200.000 quilómetros. Tamén se puido pescudar que realizara diversos contratos de compravenda de vehículos a nomes doutras persoas, utilizando os seus datos, fotocopias do Documento Nacional de Identidade e falsificando as súas firmas sen que estes tivesen coñecemento.
Esto feitos ocasionaban multitude de problemas con diversas xestorías da provincia debido á incongruencia da documentación presentada e que ás veces non abonaba a cantidade de diñeiro que lle correspondía polas transferencias realizadas.
Por estes feitos o Equipo Roca procedeu á súa detención como presunto autor dos delitos de estafa e falsificación documental na venda de decenas de vehículos, figurándolle antecedentes policiais por feitos similares e sendo condenado en varias ocasións.
As dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Corcubión, continuando a investigación por se puidese haber máis damnificados.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?