22
- Está acusado de roubar varios billetes de francos suízos por un importe de 800 euros
A Garda Civil de Arteixo detivo a un home da Laracha como presunto autor do roubo de varios billetes de francos suízos por un importe de 800 euros.
Un veciño de Arteixo denunciou que alguén accedera á súa vivenda subtraendo do seu interior esa cantidade de diñeiro, polo que os axentes iniciaron unha investigación para identificar o autor ou autores.
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en prisión.