Deteñen a un mozo na Coruña por golpear a dous axentes

Vehículo da Policía Local

A Policía Local da Coruña detivo esta madrugada a un mozo de 29 anos, veciño de Cambre, por un delito de resistencia grave aos axentes da autoridade.

Varios axentes da Policía Local que se atopaban realizando labores rutineiros de seguridade, divisaron un vehículo ocupado por tres persoas que realizaba derrapaxes e conducía a gran velocidade. Ao parar o coche, o condutor presentaba signos de ebriedade, polo que que foi sometido a un control de alcoholemia arroxando un resultado positivo.

Mentres o guindastre inmobilizaba o vehículo, o detido comezou a alterarse e os axentes decidiron suxeitalo, levando dous deles golpes por parte do individuo.

O mozo foi posto a disposición xudicial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha