Deteñen a un veciño de Narón como suposto autor da morte de Elisa Abruñedo

1 minutes read

A Garda Civil trasladaba na tarde deste martes ao detido como presunto autor do asasinato, fai dez anos, de Elisa Abruñedo ata o seu domicilio para proceder ao seu rexistro. A vivenda está situada na rúa Vigo, no concello de Narón. O home de 49 anos fora detido unhas horas antes en Ferrol. Axentes da Garda Civil requisaron varias escopetas e outros aveños no domicilio do detido. No lugar dos feitos, a uns 200 metros da súa casa, recolléronse mostras de ADN do agresor. O xulgado de Ferrol que dirixe a investigación mantén o segredo de sumario, pero si se sabe que neste caso os restos de material xenético identificados pola UCO foron determinantes para dar co perfil do presunto asasino. O corpo da vítima aparecera a escasos metros da súa vivenda. Foi asesinada tras ser agredida sexualmente. O detido foi trasladado á Comandancia da Coruña á espera de pasar a disposición xudicial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?