Deteñen a unha muller de 72 anos con máis de 5.000 doses de heroína en Santiago

1 minutes read

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela detiveron unha muller, á que comisaron máis de 5.000 doses de heroína, investigada por un suposto delito contra a saúde pública. As investigacións iniciáronse o pasado setembro, e concluíron coa localización e detención da sospeitosa, que frecuentaba algúns “puntos negros” na cidade, cando circulaba nun vehículo. Ao rexistrar o coche, atopouse a droga entre as súas pertenzas e no maleteiro. Con esta actuación, a Policía dá por desactivada a unha das maiores provedoras de heroína a pequena escala en Compostela. A septuaxenaria era natural da redonda de Vigo e viaxaba a Compostela en coche para repartir as doses de heroína pola cidade os seus consumidores habituais.

Trátase dunha das maiores provedoras da cidade de heroína, a cal portaba no momento da súa detención máis de 5.000 dose da devandita substancia. Así mesmo, a Policía Nacional pon ao servizo da cidadanía diferentes medios, nos que de forma anónima pódese contribuír achegando calquera información sobre un feito delituoso que se leste cometendo ou calquera dato relevante con interese policial.