A Garda Civil confirmou que o pasado día 17 de marzo foi presentada unha denuncia por parte da nai dunha rapaza menor de idade desa zona da Estrada por presunta agresión sexual. Este martes pola tarde detiveron os tres presuntos responsables dese delito. Quedaron en liberdade baixo custodia dos seus pais e a disposición da Fiscalía de Menores ante a que terán que declarar proximamente. Todos os implicados teñen 16 anos.