Deteñen un curandeiro de Paradanta, Pontevedra, que receitaba sexo con el ás súas pacientes para curar

A Garda Civil de Tui detivo un santeiro da comarca de Paradanta, no sueste de Pontevedra, que incitaba as pacientes a que practicasen sexo con el para curar.

O home, de 55 anos, veciño da zona, trataba con conxuros e herbas a quen acudía á súa consulta. A algúns destes receitáballes relacións sexuais con el para completar o tratamento.

O curandeiro convencía aos pacientes de que, para curar, tiñan que manter sexo con el, pois enganábaas dicindo que estaban posuídas por un espírito e só el podía curalas co seu corpo.

Tras a investigación, o home foi detido pola Policía Xudicial e foi posto ao dispor do Xulgado de garda de Ponteareas como presunto autor dun delito contra a liberdade e a indemnidade sexual.

Finalmente, o xulgado deixouno en liberdade con cargos.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’