Detido un veciño de Carballo como presunto autor de varios furtos en Mesía e Oroso

1 minutes read

A detención por parte da Garda Civil produciuse despois de producirse estes furtos nos meses de abril e maio, cando o detido -con numerosos antecedentes policiais por feitos similares e que cumpre condena en terceiro grao no Centro de Inserción Social da Coruña- subtraeu primeiramente nun establecemento de Mesía 2.350 euros, e posteriormente, nunha empresa de construción situada en Oroso outros 300 euros, polo procedemento do descoido.

O acusado “accedía ao interior dos establecementos sen chamar a atención e dando aparencia de acudir como un cliente máis, aproveitaba o momento en que non había ninguén pendente da caixa rexistradora para apoderarse do diñeiro que había no seu interior”.

O equipo Roca da Compañía de Santiago de Compostela en colaboración co Posto da Garda Civil de Ordes e Sigüeiro esclareceron o caso, e tras realizar diversas pescudas e visionados das cámaras de seguridade, a Garda Civil conseguiu identificar, localizar e deter o autor destes furtos. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?