Detida en Viveiro unha presunta xihadista que planeaba un atentado

Foi detida este martes na súa casa familiar da parroquia viveirense de Galdo. Segundo a información facilitada pola Garda Civil, esta muller, que se converteu ao Islam hai poucos anos, non só asumiu os postulados máis violentos dos grupos xihadistas, celebrando publicamente os ataques de Barcelona e Cambrils; senón que tamén manifestou a súa intención de remedar en Galicia un atentado de características semellantes aos que ocorreron en Cataluña de agosto de hai dous anos.

Ten 45 anos. Os que a coñecen non saben dicirnos canto tempo hai que se converteu ao islam, pero non hai moito… se cadra dous ou tres anos.

A operación desenvolvérona axentes do Servizo da Información da Garda Civil dirixidos polo Xulgado central de instrución número 5 e pola fiscalía da Audiencia Nacional. Por outra banda, outros tres homes foron detidos en Guipúscua pola súa presunta participación en delictos de adoutrinamento e enaltecemento do terrorismo. Os tres son marroquís e teñen 27 anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha