Detida novamente a moza que fuxira do centro de saúde de Carballo

0 minutes read

O grupo de investigación da Garda Civil do posto principal de Carballo, no marco do dispositivo de procura iniciado tras a fuga de Patricia E. R., tras fuxir do centro de saúde de Carballo cando acudiu á revisión médica despois de ser detida o pasado martes día 1 xunto á súa parella José Antonio A. B.

A muller foi localizada en inmediacións do seu domicilio no poboado existente no Monte do Carme en Carballo, procedendo a Garda Civil a súa detención e posta a disposición xudicial.