A Garda Civil do Posto de Corcubión procedeu á detención dunha muller como presunta autora dun delito de atentado a funcionario sanitario. Os feitos ocorreron no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, despois de que a Garda Civil fose alertada de que unha muller se atopaba alterada e visiblemente agresiva. Unha vez no lugar dos feitos, a patrulla procedeu a trasladar á muller a dependencias policiais tras ameazar, insultar e chegar a agredir ao persoal sanitario no exercicio das súas funcións. Tamén, fai tan só uns días, no Centro de Saúde de Fisterra, a Garda Civil tivo que investigar aos pais dun menor como presuntos responsables do mesmo delito anterior, tras unha controversia polas vacinas contra un pediatra. Neste caso non houbo agresión física.