41
A Garda Civil desmantela en Galicia unha banda de ladróns que se facían pasar por revisores da luz ou do gas para cometer os roubos. Hai catro homes detidos, aos que lles imputan unha ducia de roubos con violencia e furtos cometidos en zonas rurais das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. O botín conseguido pola banda achégase aos 20.000 euros. Nos rexistros efectuados durante a redada, os axentes recuperaron parte do material roubado e incautáronse de 4 vehículos e de 6.000 euros en efectivo. Os catro detidos pasaron a disposición xudicial nos xulgados de Chantada.