Detida unha muller ás portas dunha sucursal bancaria en Carballo

Momento da detención da muller.

Unha muller de mediana idade foi detida pola Garda Civil de Carballo á última hora da mañá deste martes. A presenza policial foi requerida nunha entidade bancaria ubicada na rúa Valle Inclán trala comisión de un presunto delito que se está a investigar. Tras a chegada dos axentes estableceuse unha conversa coa muller, que se mostraba desafiante e lonxe de colaborar pretendeu darse á fuga á carreira pola rúa Rosalía de Castro, pero foi interceptada polos axentes, posteriormente detida e trasladada ao Cuartel da Garda Civil.