- Mantiña discrepancias coa vítima debido a unhas obras
Axentes da Garda Civil da Laracha detiveron a unha veciña da localidade, de 54 anos, polos delitos de danos na propiedade e coaccións, despois de que outro veciño, de 62 anos, denunciase que a muller lle raiara o coche mentres estaba estacionado nunha rúa do caso urbano da Laracha.
Froito da investigación realizada polas autoridades, os axentes identificaron á detida como a autora dos danos e outras coaccións, como a apertura dunha granxa de pitos, danos no valo de peche perimetral e a subtracción dun bebedoiro.
Todas estas accións foron levadas a cabo polas discrepancias na execución dunhas obras por parte do denunciante.
As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Carballo e a detida foi posta en liberdade tras prestar declaración ante os axentes.