Detida unha muller de Outes por conducir ebria e sen xustificación durante o Estado de Alarma

1 minutes read
  • A detida chegou mesmo a golpear a un dos axentes da Garda Civil coa porta do seu vehículo

A Garda Civil de Outes procedeu á detención dunha veciña da localidade de 49 anos por circular co seu vehículo pola estrada DP-5604, á altura do km 0, e darse á fuga ao decatarse dunha patrulla das forzas de seguridade.

Unha vez localizado e detido o turismo, a condutora tratou de escapar de novo e opuxo resistencia aos axentes, chegando mesmo a golpear a un deles coa porta do coche nunha perna e nun brazo.

Por este motivo e ante a desobediencia reiterada da detida, que ademais se negaba a manter as distancias de seguridade cos axentes e se opoñía a un rexistro superficial do turismo, a patrulla procedeu a realizarlle unha proba de alcoholemia, arroxando un resultado de 0,98 mg/l.

A Garda Civil abriu dilixencias contra a muller por un delito de seguridade viaria e por condución baixo os efectos do alcol.