A Garda Civil do Posto de Camariñas detivo a unha veciña da localidade, como presunta autora dun delito de roubo con intimidación. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por un veciño da mesma localidade nas dependencias oficiais da Garda Civil en Camariñas.
Na mesma comunicaba que mentres se atopaba no corredor da súa vivenda coa porta entreaberta, accedeu á mesma sen autorización a agora detida. Unha vez no interior, aproveitando que a vítima ten diversas doenzas e non pode defenderse polo seu estado de saúde e o pavor que lle produce ao ser ela drogodependente, arrinconouno contra as escaleiras e solicitoulle diñeiro, ante a negativa deste, a muller subtraeulle do peto da camisa a carteira persoal na cal portaba 750 euros, abandonando o domicilio tras retirar o diñeiro da carteira e lanzar esta a o chan.
A Garda Civil investigou os feitos en aras de constatar a súa veracidade, solicitando no transcurso da investigación datos e vestixios que corroboraban o narrado na interposición da denuncia. A Garda Civil procedeu á detención desta muller, como presunta autora dun delito de roubo con intimidación, poñéndoa, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión.