- A detida tentou darlle a droga á súa parella durante un cara a cara
O Destacamento de Seguridade da Garda Civil do Centro Penal de Teixeiro en colaboración cos funcionarios do mencionado Centro, detivo a unha persoa como presunta autora dun delito contra a saúde pública.
A detida intentou introducir substancias estupefacientes no devandito centro, durante un cara a cara coa súa parella.
Durante a súa inspección por parte dos funcionarios do Centro Penal no Control de accesos, estes localizaron na súa vestimenta 5 landras dunha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix, as cales unha vez pesadas arroxaron un valor de 48,3 gramos.
Os funcionarios avisaron inmediatamente aos efectivos do mencionado Destacamento, procedendo estes á súa detención como presunta autora dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos.
A detida, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posta ao dispor do Xulgado Número 2 de Betanzos.