37
- Os axentes tamén incautaron 490 euros en moeda fraccinada
A Garda Civil do Posto Principal de Cambre detivo a catro persoas, tres veciños de Cambre e un da Coruña por posesión de drogas.
Os feitos ocorreron cando unha patrulla realizaba labores de seguridade cidadá no Lugar de Canal, en Cambre. Os axentes divisaron nunha chaira anexa á vía dous vehículos estacionados con catro persoas ao seu redor que, ao decatarse da presenza dos gardas, tiraron varios obxectos ao chan.
Os axentes procederon entón á identificación dos catro individuos así como a un palpado superficial e un rexistro dos vehículos, achando no interior dunha cazadora 374 gramos de haxix e 490 euros en moeda fraccionada.
Os presuntos autores enfróntanse a un delito contra a saúde pública.