Detidas 59 persoas por unha fraude á Seguridade Social


Fraude de case 19 millóns de euros en 17 provincias, entre elas Lugo e A Coruña.

A maioría dos detidos son os responsables de empresas que formaban complexas estruturas para eludir o pagamento á seguridade social das cotizacións dos traballadores. Os 59 arrestados tamén son investigados por pertenza a grupo criminal, por falsidade documental, por atentar contra os dereitos dos traballadores, e por apropiación indebida. O total do defraudado por estas empresas achégase aos 19 millóns de euros. A Policía Nacional iniciou as pescudas desta operación Galatea a principios de 2018 a raíz de varias denuncias.