Detidas dúas persoas, unha de Arteixo e outra de A Laracha, polo roubo de dous vehículos

1 minutes read
  • Ambos detidos furtaron unha furgoneta e abandonárona en Lugo para, posteriormente, roubar un turismo en Guitiriz

A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Arteixo en colaboración coa Garda Civil do Posto de Guitiriz- Lugo, detiveron a dúas persoas como presuntos autores de dous delitos de furto.

Os detidos son un veciño de A Laracha e outro de Arteixo, que están a ser investigados por presuntamente furtar, entre os días 4 e 5 deste mes de outubro, unha furgoneta en Lugo e un turismo en Guitiriz. Ao parecer, tras quedar sen combustible, decidiron abandonar a furgoneta aínda que antes subtraeron varios obxectos do seu interior. Para fuxir, procederon ao roubo do turismo.

O traballo de campo efectuado por ambas unidades permitiu identificar aos presuntos autores dos delitos e, tras unha autorización para un rexistro voluntarios dos domicilios dos supostos responsables, lograron localizar os efectos subtraídos da furgoneta nunha das vivendas.

A Garda Civil procedeu á súa detención como presuntos autores de dous delitos de furto de uso de vehículo de motor e á recuperación dos obxectos recuperados.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.