Detidas tres persoas en Ferrolterra como presuntos autores de delitos de roubo con forza nas cousas.

O Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Ferrol en colaboración coa Brigada de Patrimonio da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ferrol, detivo a tres individuos veciños de Ferrol, Narón e Pontedeume respectivamente, como presuntos autores de dous delitos de roubo con forza nas cousas.

Os feitos ocorreron un en Carral e o outro en Valdoviño. En ambos os casos os presuntos autores, substraeron gran cantidade de ferramenta e diverso material proveniente do despezamento de vehículos e destinado a chatarra. Durante a explotación da operación, recuperouse a totalidade da ferramenta substraída e diverso material de despezamento, valorado todo iso en 7.250€.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha