Detidas tres persoas pola súa relación cun depósito de explosivos de ETA

Imaxe de axentes da Garda Civil_Dereitos de autor: Garda Civil

O depósito de armas foi localizado en xuño de 2019 no termo municipal de Arraia- Maeztu, Áraba

A Garda Civil detivo a tres persoas como presuntos responsables dun depósito de explosivos de ETA. As detencións realizáronse este luns nas localidades de San Sebastián e Irún (Guipúzkoa), así como en Vitoria (Áraba), no marco das investigacións que mantén a Garda Civil para a localización de infraestruturas pertencentes a ETA. No operativo tamén colaborou a DGSI francesa.

A infraestrutura foi localizada no mes de xuño de 2019 no municipio de Arraia- Maeztu, en Atauri (Áraba). Nel atopáronse repartidos en dous bidóns distintos tipos de explosivos, temporizadores, cordón detonante e detonadores, entre outros elementos para a confección de artefactos explosivos. O achado do depósito foi efectuado, de maneira fortuíta, por un cidadán que paseaba pola paraxe no que se enterraron os bidóns.

Os tres detidos formaron parte no seu día do denominado “comando Ezpala” de ETA, que estivo activo entre os anos 2008 e 2010, e integrábase dentro do “complexo Donosti” da banda terrorista. A detención en febreiro de 2010 do responsable do citado complexo, Ibai Beobide, propiciou a huída dos seus integrantes, dous dos cales foron detidos en Francia posteriormente e condenados por asociación de malfeitores.

As investigacións realizadas, dirixidas polo Xulgado Central de Instrución número 2 e coordinadas pola Fiscalía da Audiencia Nacional, permitiron identificar o grupo responsable da estrutura loxística anteriormente mencionada e aos seus integrantes.

Aos detidos impútaselles un presunto delito de depósito de armas e explosivos. Ademais, un deles foi detido por pertenza a organización terrorista, ao non ser investigado anteriormente deste delito. Nas próximas horas serán postos ao dispor da autoridade xudicial na Audiencia Nacional, aínda que as investigacións continúan abertas.