A Policía Nacional liberou catorce mulleres prostituídas en locais de Murcia, Alacant, Almería e Valencia, arrestando a vinte integrantes dunha rede, dos que nove xa ingresaron en prisión. Os axentes practicaron doce rexistros e interviñeron 90.000 euros en efectivo, cinco vehículos de alta gama, distintas armas, cocaína e marihuana preparada para a súa venda. As vítimas da trata era obrigadas a traballar doce horas diarias con horarios estritos e coa penalización por ducharse ou descanar de entre 60 e 200 euros. Tamén lles denegaban asistencia sanitaria por enfermidade, con sancións de 400 euros. Algunhas das mulleres acumularon débedas coa trama que superaban os 4.000 euros, polo que recibían ameazas tanto elas coma as súas familias. A operación culminou co peche cautelar de seis dos locais de alterne no Levante nos que se realizaban as actividades de explotación sexual, aínda que o operativo segue aberto e non se descartan novas detencións.