O home, que mantiña unha relación coa vitima desde este verán, está acusado de cometer este crime machista, polo que estaba a ser buscado.
Este sábado prénderono e está a espera de pasar a disposición xudicial. O caso lévao o xulgado número dous de Lugo e a titular, que estivo presente no levantamento do cadáver, ordenou o segredo sumarial.
Foi a nai da vítima a que descubriu o corpo sen vida da súa filla, cando a foi visitar ao seu piso, situado nun bloque de vivendas das Gándaras. Eran as dez da noite e daquela chamou o 112 e foi o propio servizo de emerxencias o que alertou a Policía Nacional, que de inmediato desprazou varias patrullas ata a vivenda da muller asasinada, un piso no que vivía soa cos seus dous cans.
Esta é a novena vítima da violencia machista en España no que levamos de ano, a segunda en Galicia logo do crime da Pastoriza no que un octoxenario matou á muller e despois suicidouse.
Consternación entre os veciños da rúa da Ferraría, no barrio lugués das Gándaras, onde a falecida era unha persoa moi coñecida.