Detido ao circular pola A-6 en Coirós, borracho, en sentido contrario e sen carné

Foto.- Garda Civil.

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou a un condutor como presunto autor de tres delitos contra a seguridade viaria. Os feitos sucederon o pasado día 24 tras recibir a Central de Tráfico (COTA) unha comunicación telefónica do CIAE 112 alertando da presenza dun vehículo circulando pola autovía A-6 á altura de Coiros en sentido contrario ao fluxo da circulación establecida.

Inmediatamente os operadores de COTA activaron o protocolo correspondente para este tipo de incidencias, comunicando ás patrullas en servizo esta vicisitude e coordinando co Centro de Xestión de Tráfico de Noroeste-Cantábrico a alerta aos vehículos que circulaban pola devandita vía desta incidencia a través dos paneis de información. As patrullas trasladáronse á zona indicada, procedendo a reter a circulación ao obxecto de evitar unha colisión frontal e localizar ao vehículo reseñado, logrando interceptalo á altura da saída de Coiros.

Unha vez detido o vehículo e retirado este perigo potencial da circulación que neses momentos era intensa agravada polas condicións meteorolóxicas adversas, a Garda Civil procedeu a realizarlle as pertinentes probas de alcoholemia e detección de substancias estupefacientes, dando como resultado un valor de 1,06 MG/L en aire expirado na primeira proba e de 1,01 MG/L na segunda.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa, coñecida das forzas de seguridade por feitos da mesma índole, como presunto autor de tres delitos contra a seguridade viaria, un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas, o segundo por condución temeraria con manifesto desprezo pola súa integridade física e a do resto de usuarios da vía e un terceiro por conducir carecendo do pertinente permiso de condución.