Detido con 200 pezas de vestir presuntamente falsificadas


A Garda Civil interceptou en Xinzo de Limia unha furgoneta con máis de 200 pezas de vestir falsificadas. Había 50 pares de chancletas, un cento de suadoiros e máis de 50 pantalóns presuntamente de varias marcas comerciais falsas. Os axentes están investigando o condutor, un veciño de 53 anos, como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial. O Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia leva as dilixencias.