Detido e posto en liberdade o pai de Diana Quer tras acusalo a ex-muller de tentar atropelala

1 minutes read

A Garda Civil detivo a Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, por intentar, supostamente, atropelar a súa ex-muller, Diana López Pinel. 

Diana López-Pinel, presentou este martes unha denuncia nas dependencias da Garda Civil en Majadahonda (Madrid) na que acusaba o detido de golpeala no pómulo, de lesións no pulso e de intento de atropelo no garaxe da vivenda.

A Garda Civil está agora intentando comprobar a veracidade dos feitos denunciados pola nai de Diana Quer. Nos últimos anos, os pais da moza asasinada polo Chicle viñan mantendo desencontros, especialmente relacionados coa custodia das fillas, mesmo antes de que desaparece a súa primoxénita en agosto de 2016, nas festas da Pobra do Caramiñal.