Detido en Allariz un home como presunto autor dun delito de pornografía infantil

Material incautado no domicilio do vecillo de Allariz

Un home de 44 anos foi detido en Allariz por descargar por Internet arquivos con contidos de pornografía infantil. Segundo informou a Garda Civil de Ourense no rexistro do seu domicilio incautouse de catro teléfonos móbiles, unha tableta, dous ordenadores e numerosos discos duros e lapis de memoria.

O aviso chegou da Oficina de Coordinación de Ciberseguridade por enlaces de acceso público vinculados a casos de distribución de pornografía infantil. A UCO atopou 25 contas de usuarios que almacenaban o contido pedófilo, entre eles este veciño de Allariz.

Os axentes iniciaron a investigación tras recibir información da oficina de coordinación de cibeseguridade da Secretaría de Estado de Seguridade por enlaces de acceso público vinculados a casos de distribución de pornografía infantil. A OCU constataron que a ligazón de acceso contiña 94 arquivos de vídeo, dos que setenta, eran de carácter pedófilo. A investigación continúa aberta para determinar o resto de usuarios doutras contas que se descargaron ese tipo de arquivos de contidos sexual de menores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha