A Garda Civil de Boiro, en colaboración coa Unidade de Información da Comandancia da Coruña, detivo un home de 49 anos como suposto autor dos delitos de tráfico de drogas e tenza ilícita de armas.
Nesta operación Armaldo incautáronse de varias cantidades de droga e diversas armas curtas e longas, de aire comprimido e fogueo de distintos calibres, carentes de documentación que ampare a súa legalidade.
O detido difundira un vídeo nas redes sociais en que portaba un deses rifles de alta potencia dicindo que o modificara el mesmo e onde se rexistraba un disparo no que se podía ver como o proxectil atravesaba unha chapa de ferro.