42
A colaboración entre as forzas de seguridade volveu dar froitos na tarde deste venres, con dous novos arrestos en relación co alixo de 3 toneladas de cocaína atopado a bordo dun narcosubmarino que encallou na praia de Aldán en Pontevedra. O grupo Greco da Policía Nacional detivo en Cangas o terceiro tripulante desa embarcación. Trátase dun veciño de Vigo. A Garda Civil, pola súa banda, arrestou unha cuarta persoa relacionada con este alixo. Crese que podería ser alguén encargado de darlles apoio en terra cando chegasen.
En todo caso a operación segue aberta. Sábese que hai pedidos novos rexistros en Cangas e non se descarta que haxa novas detencións.