Detido en Carballo por ameazas a súa exparella ante un fillo de ambos menor de idade


Presunto agresor e presunta ameazada, ambos exparella e médicos de profesión, estableceron unha desputa no domicilio onde reside a muller no momento que, segundo consta na denuncia presentada por ela, o home teríase presentado coa intención de recoller ao fillo, menor de idade, que teñen en común e que presenciou os feitos acontecidos. Tras a súa detención o home foi trasladado polos axentes ao cuartel da Garda Civil de Carballo, onde permanece detido, á espera do seu paso a disposición xudicial. A propia Benemérita investiga o ocorrido, logo de escoitar as diferentes versións dos presentes no lugar dos feitos.