Detido en Carballo un home de Valencia sobre o que recaía unha orde de ingreso en prisión

Policía local Carballo

  • O arrestado atopábase preto do portal dun edificio da rúa Gran Vía, e foron os veciños quen alertaron ás autoridades

A Policía Local e a Garda Civil de Carballo detiveron este luns a un home de Valencia, duns 30 anos e de orixe rumana, cando se atopaba nun edificio da rúa carballesa Gran Vía.

Arredor das sete da mañá os axentes foron alertados por varios veciños dun portal que se amosaban nerviosos ao observar a un home de imaxe «sospeitosa» na entrada dun edificio da mencionada vía. Segundo informaron as autoridades, ao achegarse ao lugar solicitóuselle a documentación para a súa identificación. Durante o proceso os axentes observaron que na base de datos constaba unha requisitoria de ingreso en prisión decretada por un xulgado de Valencia. Os motivos da mesma non transcenderon, pero a vítima foi traslada ao cuartel para pasar a disposición xudicial.