Detido en Cariño o presunto autor dunha agresión, un incendio de catro vehículos e un taller

1 minutes read

Os feitos ocorreron o pasado día 24 por mor da comunicación telefónica recibida na Central Operativa de Servizos (C.O.S) comunicando que se atopaban ardendo varios vehículos e que había unha persoa con actitude ameazante e que a mesma acaba de agredir a outra. A Garda Civil desprazou a unha patrulla ao lugar indicado, constatando á súa chegada unha persoa ferida.

No lugar dos feitos achábase unha motobomba do G.E.S. de Ortigueira que acababa de sufocar un incendio que afectara a catro vehículos tipo turismo e á fachada dun taller mecánico. Os efectivos actuantes tras as declaracións verbais das testemuñas onde manifestaron que viran a un mozo acceder ao interior do vehículo do cal se iniciou o incendio e da persoa que había resultada lesionada ao recriminarlle ao mozo o que fixera, sendo a súa resposta golpearlle cunha botella na cabeza provocándolle unha brecha, tras unha inspección ocular, procederon a inspeccionar a localidade de Cariño para localizar ao suposto autor.

Horas máis tarde, a Garda Civil localizou ao presunto autor, o cal tras a lectura dos dereitos que lle asisten foi detido e trasladado ao posto de Ortigueira para as correspondentes dilixencias.