Detido en España o presunto xefe da mafia calabresa


Unha operación conxunta da Policía Nacional cos Carabinieri de Italia, logrou deter en Madrid a Domenico Paviaglianiti, considerado o máximo responsable da ‘Ndrangueta, a mafia calabresa. Trátase dun dos prófugos máis buscados de Italia e foi detido en plena rúa. Os axentes incautáronse de documentación portuguesa falsa, seis teléfonos móbiles e case 6.000 euros en efectivo en billetes de 200 euros, informa a Dirección Nacional da Policía nun comunicado. A investigación, no marco da operación Rosa dos ventos, foi desenvolta de forma conxunta polas autoridades españolas e italianas, co apoio da fiscalía de Bolonia e en colaboración coa Audiencia Nacional.