Segundo os investigadores, o que facía era, principalmente, vender productos de electrónica en tendas de internet falsas. O máis habitual era que ao rematar o proceso de compra só deixase facer transferencia bancaria. Manexaba centos de contas, a nome doutras persoas. Hai veces que incluso roubaba dos datos bancarios da vítima, co cal acababa deixándoa sen cartos.
Lupin, así se facía chamar, usaba diferentes identidades e non vivía máis dunha semana no mesmo sitio, maiormente hoteis de Madrid.
Outro detido, presuntamente, captáballe as persoas que ofrecían os seus datos para que puidera ter un gran entramado de contas e teléfonos móbiles. O terceiro colaborador apresado é informático.
Decretouse o ingreso na cadea sen fianza para os tres. Como se calculan un gran número de vítimas destes calotes, a Garda Civil habilitou unha páxina web para canalizar todas as denuncias.