Detido en Madrid o presunto asasino da muller acoitelada na Coruña

Policía Nacional

A Policía Nacional detivo na noite deste xoves ao home de 48 anos que presuntamente matou a puñaladas a súa parella de 52 anos na Coruña, segundo informaron fontes da Subdelegación do Goberno na cidade herculina. Tras unha intensa procura durante todo o día, a Policía Nacional detívoo en Madrid. Este home xa tiña antecedentes previos por violencia de xénero a outras dúas mulleres. Estes anteriores delitos non foron homicidios. A vítima, chamada Mónica Marcos, tiña unha panadería no coruñés barrio do Birloque, no que vivía.